I Torneo de Xadrez Navia Parque D'Arte

Páxina do evento en facebook

Este ano estrenamos torneo ó aire libre en Navia Parque D'Arte. Será un pequeno torneo de partidas rápidas (15') organizado para que os nenos e nenas amantes de este deporte teñan un espazo donde xogar durante a tarde do evento.

CERRADO PLAZO DE INSCRIPCIÓN ONLINE

As inscripcións son gratuítas, e poden formalizarse ata unha hora antes do comezo no mesmo parque de Navia ou anticipadamente no formulario web.

O horario previsto é de 16:00 a 19:00 o sábado 29 de septiembre, aínda que poderá sufrir modificacións en función do número de participantes

Presentación 15:45
1ª rolda 16:00
2ª rolda 16:45
3ª rolda 17:30
4ª rolda 18:15
Entrega de trofeos 19:30

Xadrez educativo

A misión do xadrez nas escolas non é a de formar mestres de xadrez. A educación mediante o xadrez debe ser a educación de pensar por sí mesmo.
Lasker, campeón mundial de xadrez (1868-1941)

A meirande parte da xente sabe que o xadrez trata de unha singular batalla de reis, damas, torres, alfís, cabalos e peóns.

Unha mirada máis pedagóxica ó taboleiro revela que tamén hai cuadrantes, flancos, simetrías, liñas, diagonais, ángulos e xeometría espacial.

E si ó taboleiro e ás pezas engadimos os xogadores, decatarémonos de que o xadrez non é unha contenda entre dous adversarios, é unha coreografía orquestada entre dous colaboradores que tratan de entrenar o seu xenio creativo, desenvolvendo capacidades de visión espacial, autocrítica, pensamento creativo, xestión do tempo, toma de decisións ó tempo que aprenden o respeto polas normas, o respeto ó rival e a aceptación de resultados.

Ademáis da propia ensinanza transmitida no eido matemático, comportamento, valores deportivos e por suposto do propio xogo do xadrez, entre os numerosos beneficios académicos reportados destacan:

Concentración:
Valor denostado nos tempos correntes donde os nenos acostuman a encontrar todo de xeito inmediato gracias ó uso das novas tecnoloxías, o xadrez traballa intensivamente a capacidade de concentración.
Previsión:
É habitual no transcurso de unha partida ter que imaxinar qué pasará despois do meu movemento, qué consecuencias terá, cómo responderá o adversario.
Pensamento abstracto:
Recoñecemento de patróns de figuras de mates clásicos ou xogadas tácticas, visualización do xeral ó detalle no tableiro.
Anticipación de pensamento, análisis concreto, planificación, control emocional....

Os nosos docentes son profesionais certificados como docentes de xadrez educativo pola fundación Kasparov

Obxetivos

En xadrez educativo tamén xogamos ó xadrez. O principal obxectivo da escola é conseguir que os participantes aprendan as bases deste antigo xogo e profundicen e melloren ata donde eles queiran. Ser axedrecista é un hábito para toda unha vida: cando alguén é capaz de escudriñar inda que sexa unha pequena parte do universo axedrecístico, de como se forxan as estratexias e tácticas que levan a un dos bandos á vitoria, esa curiosidade e fascinación polo xogo acompañaralle para sempre.

 

Non é un obxetivo desta escola formar campións de xadrez. Para ser un axedrecista de élite como en calquer outro deporte é preciso unha formación técnica moi esixente que excede as intencións desta escola. Nembargantes, si se detectase algún talento especial en algún alumno comunicaríaselle ó mesmo é ós seus responsables para que poida ter a oportunidade de decidir si queren explotar ese talento como axedrecista deportivo.

A idade recomendada para empezar neste proxecto é a partir dos 6 anos. Por motivos loxísticos e de especialización inicialmente temos previsto admitir a alumnos de primaria. Conforme os xogadores vaian gañando confianza no xogo organizaremos torneos e participaremos en torneos do Circuito Galego de Promoción Escolar.

 

¿Qué necesito saber para empezar? ¡Moitas ganas de aprender! Temos plans de formación para empezar recoñecendo o taboleiro e as pezas, así como plans máis avanzados de recoñecemento de motivos tácticos, resolucións de problemas, estratexia.... calquer persoa pode xogar ó xadrez.

Contacto

Envía un correo a xadrez@canpeon.es ou escribe no formulario desta páxina. Estaremos encatados de axudarche no posible ;-)

Podes contactar connosco para preinscribirte para o curso que comezará en setembro ou para calquer outra dúbida/información/interese que queiras saber

+34 644 36 74 98
xadrez@canpeon.es

Club de Xadrez Vila de Bouzas

CaNPeon, escola de xadrez educativo, está adscrita ó clube de Xadrez Vila de Bouzas. Este clube federado leva dende o 2003 formando xogadores e potenciando a práctica de este deporte con representación na meirande parte das divisións da liga galega de xadrez. Constitúe por tanto o complemento ideal para aqueles xogadores que queiran experimentar o xadrez deportivo a maior nivel.

A estreita colaboración entre ambas entidades proporciona a seguridade de que ningún talentoso axedrecista perda a oportunidade de entrenar nun clube con unha dilatada experiencia na formación de deportistas de primeiro nivel.